Cervo, referente español do Taiji Quan

Acolle esta fin de semana o II Campionato Galego e Interautonómico de Taji Quan

Presentación en Cervo do Campionato galego de Taiji Quan / Concello de Cervo

Cervo será o vindeiro fin de semana a capital galega do Taiji Quan, unha popular arte marcial de orixe chinesa. O Pavillón da Veiga acollerá este sábado 19 de xuño, a partir das 17:00 horas, o II Campionato Galego e Interautonómico de Taji Quan, nas modalidades individual e por parellas.

Na cita competirán máis de 100 deportistas, de idades comprendidas entre os 20 e os 80 anos, que proveñen das catro provincias galegas –no caso da competición autonómica- e do País Vasco, Madrid, Castela e León, Cantabria e Asturias, para o interautonómico. A competición,  será na modalidade individual e por parellas, e o método de arbitraxe será por eliminatorias por bandeiras, con repesca.

O evento foi presentado polo concelleiro de Deportes David Rodríguez, e polo Director do Departamento Galego de Taiji Quan da Federación Galega de Kárate e D.A., Miguel Ángel Rojo, que organiza o evento.

Rodríguez puxo en valor unha vez máis o gran traballo desenvolvido por Miguel A. Rojo “que convirte a Cervo nun referente a nivel nacional en materia de Artes Marciais, e recordou que desde a administración local “seguiremos amosando a nosa colaboración para a celebración deste tipo de eventos que permiten tamén dar a coñecer un pouco máis esta disciplina ao gran público”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here